viernes, 2 de marzo de 2012

Coresma: Tempo de medrar en autenticidade

Un ano máis invítasenos ós cristiáns a entrar no camiño da coresma e preguntarnos: ¿Para que nos serve gañar o que nos ofrece este mundo se perdemos a cambio a nosa liberdade? Liberdade para amar, para vivir plenamente, para ser en fin nós mesmos.
Este tempo coresmal dicimos que é un tempo de gracia, de regalo que Deus nos fai, e así o é, porque é El mesmo quen no seu Fillo Xesucristo dilata o tempo do seu Reino nas nosas vidas para que, sobradamente, teñamos ocasión de conversión, de mudar o revestimento do noso corazón;  á nosa conciencia e ao noso sentir váiselles apegando os lixos deste mundo: intolerancia ante as opinións dos demais, indolencia frente o sufrimento alleo, consumismo que apaga a nosa capacidade de crítica social, individualismo que levado ó extremo incapacítanos para amar e perdoar... é preciso un cambio, unha restauración do noso interior, un sacar brillo á nosa fe, á nosa esperanza en Cristo Xesús. E, ¿como facelo?
Xa desde o mesmo Evanxeo o Señor nos indica o camiño:  esmola, xexún e oración. Isto é: practicar a caridade cos demais e desprenderse dun mesmo para encontrarse en espírito e verdade con Deus que nos ama e nos perdoa. Non se trata de facernos bos propósitos e de renuncias durante corenta días, senon de madurar na fe en actitudes e pensamentos que temos ante a vida e que, lonxe de ser para o mundo anuncio da Boa Nova de Xesús, son un contrasentido e un reflexo da nosa fe apagada e falta de  autenticidade.
En resumo, trátase de deixarnos abonar pola gracia de Deus para medrar desde a fe en perdón e misericordia, facendo das nosas vidas un auténtico reflexo do Amor encarnado que nos chama a compartir a felicidade plena na resurrección. 



PROGRAMA CORESMAL

Catequese Coresmal: O Bautismo
(Catecismo da Igrexa Católica)

Os Martes días 6, 13, 20, 27 de marzo
ás 19:30 na capela do Carme de As Pontes


Oración polas vocacións con Exposición do Santísimo e Vésperas

Todos os xoves ás 18:00 na capela do Carme de As Pontes


Rezo do Viacrucis

Os venres ás 18:30 na capela do Carme de As Pontes

Os venres ás 17:30 na capela de san Roque de As Somozas

Os martes ás 17:00 na capela de santo Estebo de Roupar


Encontro de oración coresmal do Arciprestado

Sábado 17 de marzo ás 10:30 na igrexa parroquial de As Pontes


Celebración penitencial

O venres 30 de marzo ás 19:30 na igrexa parroquial
de Santa María de As Pontes


Compromiso con Cáritas

Ante a situación de crise que vivimos non podemos esquecer a esmola e a caridade que están agardando aqueles que precisan de nós. Por iso, nos nosos templos estarán á vista unhas caixas de Cáritas para que aportemos do noso diñeiro, froito do xexún que fixemos neste tempo de conversión.



PLAN DE CORESMA PARA MOZOS E NENOS

CINEFORUM
Os sábados 10 e o 24 de marzo ás 11:00
nos locais parroquiais de Santa María de As Pontes


CELEBRACIÓN DO PERDÓN
O venres 23 de marzo ás 18:00
na igrexa parroquial de As Somozas


COMPROMISO SOLIDARIO CON CÁRITAS
Caemos na conta do mal que está causando esta crise económica en moitas familias.
Hai moitos nenos e nenas que ven como nas súas casas hai preocupación e tristura porque non hai traballo para os seus pais e non poden chegar ben a fin de mes.
Nós podemos colaborar con Cáritas compartindo algo do noso.  ¿Cómo?

-      Facendo unha Hucha solidaria co teu grupo
-      Aportando na Hucha de Cáritas da igrexa
-      Apreciar o que temos e nos dan os nosos pais
-     


martes, 27 de diciembre de 2011

Nadal: Contemplar o Amor encarnado

E a Palabra fíxose carne,
e acampou entre nós,
e contemplamos a súa gloria (Xn 1, 14)

Un ano máis, acollemos desde a fe a gracia de Deus encarnada en Belén. Para nós, os cristiáns, é tempo de adentrarnos no misterio, de contemplar o Amor eterno do Pai que se fai visible na nosa miseria e pobreza.
Vén o Enmanuel a nós para enriquecer as nosas vidas, plenificalas e alentar o lume da esperanza e da alegría… Pero esta mirada á que se nos invita no Nadal non é coma a de quen vai ollando escaparates embelesado polas luces, as músicas e os olores que distraen a atención e adormecen a alma. A nosa contemplación do misterio ten dúas miradas que se encontran: a mirada do Deus Neno que amosa o corazón eterno cheo de misericordia disposto a deixarse acoller e a darse para a nosa salvación; e a nosa mirada que se abaixa a causa do noso pecado que busca  no misterio do Amor encarnado comprensión, paz e perdón.

Sen ti, Enmanuel,
a vida é escuridade e vacío.
Sen o teu amor, Xesús,
o corazón vólvese un eco de nós mesmos.
Sen a túa alegría, Cristo,
a fe non brilla e se arrefría.
Ti que naces enraizado
na pobreza de Belén
endereita e anima hoxe a nosa fe.
Amén.

jueves, 1 de diciembre de 2011

Advento é dicir sí á novidade de Deus.

En María Deus ensínanos a ter un corazón disposto, disponible para comezar unha obra que non é exclusiva da propia persoa. Miremos as nosas vidas e descubramos cantas obras pode Deus facer a través das nosas palabras e dos nosos feitos.
Son moitas as novidades que podían ocupar a vida de María: a convivencia familiar con Xosé, a noticia extraordinaria da súa curmá Isabel, as preocupacións propias do seu estado... pero todas elas encontraron luz e paz desde a confianza plena que lle vén do seu "sí" entregado ó arcanxo Gabriel, un sí que naceu da esperanza en Deus, do encontro co que enche todo o ser de felicidade e amor.
O Advento é tempo de ser inmaculados nos nosos síes, nos nosos compromisos, nas nosas decisións, no noso seguimento do Señor, é un tempo de limpar tanto egoísmo que empaña as mocións do Espírito no interior da nosa conciencia e no vivir compartido de cada día.  
O "sí" de María enfréntase á pegada de pecado impronta no mundo e na humanidade. Son moitas as situacións de negación ó amor, á paz, á fraternidade, á caridade... que hai ó redor da nosa vida, comezando por nós mesmos e salpicando ás relacións familiares, laborais, de amistade e descoñecidas que imos tecendo cada día desde o noso corazón.
O tempo de Advento é para camiñar da man de María hacia Deus, facendo frente ás nosas incongruencias, ós nosos temores e ós nosos intereses egoístas encubertos. Deixando así que sexa o Espírito de Deus quen encha os nosos corazóns e as nosas vidas da Luz e da frescura de Cristo.   É a El a quen esperamos coa nosa Nai María e dicimos tamén: Amén. Marana-tha.

martes, 29 de noviembre de 2011

Advento: restaurar unha casa que asemella estar en ruínas

"Señor, restáuranos,
que brille o teu rostro e seremos salvos"
Esta é a oración que o crente ten que repetir e meditar no seu corazón nesta primeira semana do tempo de advento. Pero, ¿de que ou de quen me ten que salvar Deus?... para contestar a esta pregunta primeiro un ten que mirar ben cara o seu interior, nas vivencias de cada día, as persoas coas que se vai tecendo a vida familiar e social, os pequenos graos de encontros persoais que poden chegar a transformarse en montañas de problemas..., en definitiva, todo canto axuda a crear a nosa historia persoal e directa ou indirectamente repercute na historia doutras tantas persoas. E cando un xa ten feita unha imaxe global de sí mesmo e dos demais pode daquela descubrir o que está de máis... o que lle falta... o que dá verdadeira felicidade... o que trae a paz ó corazón e á vida.   Daquela é cando se descubre, cando se sinte a necesidade e se cuestiona no máis íntimo da propia vida: quero - necesito - desexo ser feliz. Entón caemos na conta de que hai algo en nós que está roto, o noso corazón é coma un cántaro que perde, e así a súa capacidade para amar é imperfecta e tamén é incompleta a súa capacidade para recibir amor. Ten tantas fisuras causadas por tantos egoísmos, tantos malquereres...
Agora é cando a nosa vida se volve cara unha esperanza, cara unha luz que vén a iluminar cada fisura para poñer onde compre o remedio... nesta amor, naquela perdón, nesta outra misericordia. ¿E de onde vén esa luz? Do corazón eterno de Deus Pai que se encarna en Cristo Xesús para a nosa salvación, para a nosa sanación, para a nosa restauración.

lunes, 14 de noviembre de 2011

ORACIÓN DE TAIZÉ

Os terceiros vernes de cada mes ás 20.00h teremos na igrexa Parroquial de Santa María a oración de Taizé dirixida a todos, especialmente para os máis novos. Será un momento de oración moi sinxelo para encontrarnos con Deus e que El poida guiar a nosa vida.

O modelo da oración é ó estilo da comunidade de Taizé (en Francia) onde se busca, a través da comunión na fe, a oración e a música, a paz no mundo e o testemuño da unidade dos cristiáns que fan presente a Deus no medio da humanidade.

Esperámosvos a todos.

martes, 8 de noviembre de 2011

ENCONTROS DE PREPARACIÓN PARA O SACRAMENTO DO MATRIMONIO

A Unidade Pastoral de As Pontes xa ten listo os "Encontros prematrimoniais" para o ano 2011:

REUNIÓNS:
Mes de Febreiro: os sábados 4 e 18
Mes de Abril: os sábados 7 e 14

HORARIO:
20.00

LUGAR:
Locais de Sta. María (ó lado da casa rectoral)

Para máis información:
981450298
upaspontes@mondonedoferrol.org (Correo Oficial de la Unidad Pastoral de As Pontes)



Nota: Ademais dos dous encontros en grupo haberá un terceiro de cada parella co sacerdote para preparar a celebración.

sábado, 5 de noviembre de 2011

HORARIOS DE CELEBRACIÓNS DO DOMINGO

1º Domingo
2º Domingo
3º Domingo
4º Domingo
5º Domingo
10.00 Seixas
10.00 Seixas
10.00 Seixas
10.00 Seixas
10.00 Seixas

10.00 Aparral

10.00 Aparral

11.00 Vilavella

11.00 Saa/Esfarrapa
11.00 Espiñaredo

11.00 Recemel
11.00 Recemel
11.00 Recemel
11.00 Recemel
11.00 Roupar
11.00 Roupar
11.00 Roupar
11.00 Roupar
11.00 Roupar
12.00 O Seixo



12.00 Sta. María
12.00 Sta. María
12.00 Sta. María
12.00 Sta. María
12.00 Sta. María
13.00 Poboado
13.00 Poboado
13.00 Poboado
13.00 Poboado
13.00 Poboado
13.00  As Somozas
13.00  As Somozas
13.00  As Somozas
13.00  As Somozas
13.00  As Somozas
16.00 Ínsua
16.00 O Freixo
16.00 Ínsua
16.00 O Freixo

17.00 Piñeiro

16.00 Somede

17.00 Deveso
17.00 Piñeiro
18.00 Residencia
18.00 Residencia
18.00 Residencia
18.00 Residencia
18.00 Residencia
19.00 Carmen
19.00 Carmen
19.00 Carmen
19.00 Carmen
19.00 Carmen